18-12-2017
Salón de Plenos da Casa do Concello o mércores, 20 de decembro, ás 17:00 h.
A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo ao proxecto conxunto “Fene Mar Vivo” presentado polo Concello de Fene e a Confraría de pescadores de Barallobre.
O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (85%) e pola Comunidade Autónoma (15%).
Principais obxectivos do proxecto:
- Creación de produtos turísticos que sexan competitivos e comercializables, no que se inclúa a valorización e participación do sector pesqueiro.
- Crear unha rede de entidade e actores sociais ligados ao sector do mar, ao turístico e ao empresarial, sensibilizados en protexer e divulgar o patrimonio pesqueiro de Fene na multitude de actividades que se organizan ao longo do ano.
- Acadar unha valorización e comercialización dos produtos do mar de Fene dentro das diferentes empresas de transformación e de turismo da zona.
- Accións de formación e de creación de rede apoiando a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seu produtos en colaboración con outros sectores do concello.
- Creación dunha marca común, símbolo de entidade que englobará un novo modelo de desenvolvemento no territorio.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
- Aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene
- Incremento das vendas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación.
- Maior demanda dos servizos da hostalería e restauración - Dinamización da economía local coa promoción da vila mariñeira de Fene
- Escaparate común onde todas as accións de valorización dos produtos do mar que fagan as diferentes entidades se canalicen de xeito unitario.
- Accións de formación e creación de redes - Valorización dos produtos do mar do territorio
O obxectivo do proxecto é crear unha rede de entidades e actores sociais ligados ao sector do mar, ao turístico e ao empresarial para acadar por un lado, valorizar os produtos do mar e por outro buscar a diversificación e incluso segundas actividades ás familias do sector do mar para que poidan incorporarse a outros sectores. Para isto poñeranse en valor os recursos e patrimonio ligado ao mar co obxectivo de facelo atractivo para os visitantes de Fene e acadar comercializar o noso destino e fixar poboación.
Con este proxecto o Concello de Fene a Confraría de Pescadores de Barallobre pretenden aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación, unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.