Presentación Proxecto "Fene, mar vivo"

Inicio   Fene hoxe  

A REDE “FENE MAR VIVO”
Queremos tecer a Rede "Fene Mar Vivo" para coordinar todo que desde aquí lle podemos ofertar ao mundo, desde os grandes eventos anuais ata o acto que unha das nosas poida organizar e que queira que teña repercusión. Como comentou o Alcalde, “sempre foi de interese deste concello o crear un "escaparate" no que desde Fene lle poidamos contar ao mundo que aquí hai unha grande actividade de ocio, gastronómica, cultural e que moita dela está ligada ao noso mar”, o Mar de Fene ten moito que amosar e por iso a colaboración coa Confraría é moi importante neste proxecto, desde a creación dunha Aula Itinerante na que se os nosos mariñeiros se achegarán a explicarlle os mais novos cales son os produtos do noso mar e con que artes se collen, para que sexan conscientes de que a calidade dos nosos mariscos van relacionados cunha extracción sostible.


EVENTOS
Outro dos obxectivos principais será o de poñer en valor 7 eventos ao longo do ano, algúns deles poderanse estar celebrando xa na actualidade, pero o obxectivo é apoialos para que xunto coas sinerxias que se poidan xerar dentro da Rede e co apoio de diferentes especialistas consigamos que teñan a máxima repercusión posible e que redunden en poder medir a relevancia dos mesmos co obxectivo de ir definindo un número de eventos ao longo do ano. Ademais de asesoramentos se dotará ao proxecto dun “escaparate web” onde se reflexará toda a actividade do concello.

FORMACIÓN
Co obxectivo de que os visitantes do noso concello reciban unha atención de calidade e saian do noso concello satisfeitos e con ganas de contalo e de volver en outra ocasión, realizaremos varias accións formativas tanto individualizadas como colectivas.


Este proxecto pretende, en definitiva, traballar desde hoxe e ata o mes de outubro do ano 2018, en que Fene estea presente para as xentes de Ferrolterra e de Galicia, así como de calquera visitante de fora que estea por estas zonas, como un destino a visitar e do que desfrutar, porque sempre haberá unha experiencia ven sexa de contacto coa natureza, de visita á lonxa, de asistencia a un evento cultural, a unha festa ou mesmo pasarse por algún dos nosos espazos de gastronomía a desfrutar da esencia do Mar de Fene, e que todas e cada unha das persoas coas que se atope lle saiban contar o que poden facer nese día no noso concello ou onde informarse.
ESTE É UN OBXECTIVO A CONSEGUIR ENTRE TODOS E TODAS