Fene celebra este domingo a Romaría de Santa Ana

Inicio   Fene hoxe  

Concello e tecido asociativo únense para recuperar estes festexos tras 23 anos

Concello e tecido asociativo unen forzas e recuperan, 23 anos despois da última celebración, a Romaría de Santa Ana. O edil de Promoción Económica, César Castro, avanza que será este domingo, 29 de xullo, cun programa que arrancará ás 11 horas. É a hora sinalada para que as persoas interesadas en acudir á cita se reúnan na casa consistorial, xa que dende alí partirán cara a capela.


Á chegada servirase un refrixerio e callos para repor forzas. Xa sobre as 13,30 horas, celebrarase a misa solemne e a procesión, tras a cal dará comezo a sesión vermut. Ó mediodía, xantar popular. Ó prezo de 10 euros, servirase churrasco e mexilóns e as reservas poden realizarse no teléfono 670 831 522. Non faltará tampouco a mellor música, a cargo do grupo de música folk Boj, e haberá inchables para os máis pequenos da casa.

A romaría inclúese no programa municipal Vén a Fene. Así mesmo, as entidades Os Tadetas, AVV Fene, CMIU Fene, AVV de Magalofes –que preparará o churrasco- e Asociación de Amas de Casa colaboran activamente no proxecto.