Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición de pintura “Introproxección”

Inicio   Fene hoxe  

O acto, aberto á veciñanza, celebrarase este venres ás 12 horas na Casa da Cultura e contará coa asistencia da artista e do alcalde, Gumersindo Galego

Xenerocidio

A pintora Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición “Introproxección”. Será este venres, 3 de agosto, a partir das 12 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor. Con entrada libre, no acto tomará a palabra a artista, así como a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e o alcalde, Gumersindo Galego.

A mostra, a partir de entón, poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14,15 horas ata o 30 de agosto. Trátase dunha exposición de pintura coa que Prada pretende transmitir o sentimento de liberdade á hora de plasmar nun cadro a súa visión interior do mundo mediante unha pintura na que a textura, os volumes, unha paleta ampla de cores e a luz xogan un papel fundamental á hora de transmitir e provocar sensacións. Desa visión particular dou a clave co título de cada obra, deixando que o espectador se cre a súa visión interior e propia do cadro.

 

 

En palabras de Prada, “a pretensión é alonxarnos dunha realidade dirixida sometida constantemente a normas e imposicións, un acto de rebeldía, de aí o plantexamento de prescindir dunha temática común evitando así a pauta dun guión preestablecido”. Deste xeito, a artista sinala que “non hai por tanto planificación, permitindo que xurda en cada momento a idea ou sentimento adicándome simplemente a plásmalo”. Que poderá ver o público? Prada avanzaque “poderemos atopar, entón, cadros sobre o maltrato, a guerra, os desastres ecolóxicos, a xénese, a armonía, a nostalxia, os sentimentos…, e outros meramente decorativos. Exposición que espero consiga capturar a atención do espectador durante uns intres, e lle invite a disfrutar destes remuíños ateigados de emocións”. Destaca, especialmente, o cadro “Xenerocidio”, adicado a todas as mulleres que sufriron ou sufren calquer tipo de violencia.