Cartel de luxo para un festival que dará comezo ás 19 h con entrada libre
07-09-2018
O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, organiza este domingo, 9 de setembro, o I Festival das Ondas. O peirao de Barallobre será escenario do festival, que dará comezo ás 19 horas con entrada de balde.
Nel, o público poderá disfrutar coa mellor versión pop de La Bien Querida; o folk con alma electrónica, tradición e vangarda, música galega con bases tecno e house de Baiuca; o art rock con sabor galaicomadrileño que executa como ninguén Trajano!; a polivalencia de estilos de DJ Ramone e o pop galaico de Os Peregrinos. Un cartel de luxo para un festival adicado ó mar. De feito, o concelleiro apuntou que cada un dos grupos interpretará a lo menos un tema adicado ó mar.
La Bien Querida presentará en Fene o seu quinto álbum, titulado “Fuego”, que ten marcado un punto e aparte na carreira da súa intérprete. Musicalmente falando significa unha volta ó pasado á vez que unha viaxe ó futuro.
Trajano! leva varias tempadas sendo parte fundamental da escea de Madrid e teñen parte de culpa de que se fale dun novo sonido Malasaña. Comezaron con evidentes conexións con Hinds, Parrots ou Nastys, aínda que fuxindo de sons comúns e buscando novas e excitantes vías de expresión, reclamando o fantástico e enorme mundo que existe entre New Order e Golpes Bajos. Teñen aberto concertos para Vivian Girls, Low, Toy, Triángulo de Amor Bizarro…
Baiuca, o proxecto liderado por Alejandro Guillán, demostra que non hai barreiras nin límites para a creación e a fusión, logrando combinar o máis avanzado e innovador da música electrónica e a esencia máis pura da música galega. “Solpor”, o seu primeiro álbum, constata esa unión musical entre o pasado e o futuro.
A música de Os Peregrinos é como unha road movie. Dúas personaxes con tanta personalidade dentro do panorama do pop nacional como son Charlie Mysterio Los
Caramelos, entre moitos outros grupos) e o fenés Roger De Flor (Os Silvestres, Bang 74) que se coñecen a base dunha serie de “peregrinacións” entre Galicia e Madrid. Así, o que empezou con Roger desafiando á sorte, e pedíndolle a Charlie axuda nunha canción, derivou nunha serie de intercambios, viaxes, desprazamentos, quilómetros e moita, moita inspiración. O resultado: este “Canto Peregrino”, unha xoia que transporta moito máis aló dos territorios percorridos por ambos.
DJ Ramone é un habitual no circuito coruñés dende hai 6 anos. Gran coñecedor da historia da música en función das súas décadas, xéneros ou artistas, destaca pola súa extraordinaria técnica, polivalencia e sentido ecléctico musical, capaz de ofrecer sets moi variados, dende rock, funk, afrobeat ou soul ata calquer disciplina en música electrónica.
O I Festival das Ondas inclúese no programa Vén a Barallobre Fene Vivo.