Festa de presentación do XX Felicia POP Festival este venres en Limodre con concertos de Bang 74 e Bule

Inicio   Fene hoxe  

Inclúese no programa Vén a Limodre-Fene Vivo

O Concello de Fene organiza este venres, 21 de setembro, a festa de presentación da XX edición do Felicia POP Festival, máis coñecido por todos polo seu anterior nome, Felipop. O acto, organizado pola Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, arrancará ás 22,30 horas en Casa Ardá, na parroquia de Limodre, con entrada libre e de balde.


Actuarán para tan especial ocasión o grupo ferrolán Bang 74 e os eumeses Bule, e na festa darase conta do cartel e programa do Felicia POP Festival, que se celebrará os días 12 e 13 de outubro.


A festa de presentación inclúese no proxecto de promoción turística e económica Ven a Limodre-Fene Vivo e dende o Concello convídase a veciños e visitantes a tomar parte dela este venres.