Cita co Felicia POP Festival este venres e sábado en Limodre

Inicio   Fene hoxe  

No marco de Fene Vivo Vén a Limodre, Roger de Flor e amigos amenizarán a sesión vermut deste sábado, con degustación gastronómica incluída

Mañá venres arranca o Felicia POP Festival na pista polideportiva de Limodre, baixo carpa e con entrada de balde. Organizada pola entidade Felicia AC coa colaboración do Concello de Fene, chegará este ano á súa XX edición. E, para celebralo, contará cun cartel de auténtico luxo. A partir das 21 horas, comezará o festival e os primeiros en subirse ó escenario serán Jamie Fifthring & The Coffee Beakers. Tras eles, Bang 74 e Aula 11. O festival continuará ó remate na antiga escola indiana, con sesión DJ a cargo de Nico Estrume DJ e Kung Fu Panda DJ.


Así mesmo, o sábado, 13 de outubro, o público terá unha cita ás 13 horas con Roger de Flor e amigos. Unha sesión vermut, con degustación gastronómica incluída, que se inclúe no programa Fene Vivo Ven a Sillobre, que impulsa o Concello a través das concellerías de Promoción Económica e Promoción Turística.


Xa pola noite, o festival continuará a partir das 21 horas coas actuacións de Bonzos, Mujeres, The Primitives e Los Retrovisores e, como peche de festival, nova sesión DJ con Limón Helado DJ e Dona aos pratos DJ.