08-01-2019
A Concellería de Promoción Turística editou 5.000 exemplares con imaxes de Ven a Fene para poñer a disposición da veciñanza gratuitamente
O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello vén de editar o calendario municipal para o 2019, do que se distribuirán ata 5.000 copias de xeito completamente gratuíto. Reparto que xa se iniciou estes días a través da Asociación O Cruceiro. Así, veciños e visitantes poderán recoller a publicación en comercio e hostalería locais. Ademais, Juan José Franco avanzou que a partir desta semana tamén estará dispoñible na casa consistorial e no departamento municipal de Promoción Turística.
O calendario está ilustrado con diferentes fotografías das actividades que o Concello levou a cabo en todas e cada unha das parroquias ó longo do 2018 no marco do programa Ven a Fene-Fene Vivo. Por último, o concelleiro sinala que a publicación tamén se remitirá a feiras de turismo e entes supramunicipais.