Ven a Perlío ofrece este sábado os concertos de Polymorfics Band e Arrivederci

Inicio   Fene hoxe  

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, convida á veciñanza a participar da nova proposta municipal no CCRD de Perlío

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá das novas propostas do programa municipal “Ven a Fene”. Nesta ocasión, o Concello ofrece varias razóns de peso para achegarse ata Perlío. Alí, no CCRD, este sábado a partir das 20 horas, actuarán os grupos Polymorfics Band e Arrivederci.


Polymorphics Band é un quinteto musical da zona de Ferrolterra. Está formado por cinco músicos: dúas guitarras, un baixo, percusión e a voz principal, Elois. O seu estilo musical é pop-rock e inclusive pasando polo funk. Como eles mesmos sinalan, a súa finalidade é amenizar calquer evento con boa música en directo. Aínda que é un grupo de recente creación, xa teñen unha andaina demostrada. Chegan á xente grazas á labor que fan os seus compoñentes e ao amor e o respeto que teñen pola música. Elois é a voz cantante, unha rapaza cunha voz doce e que a moldea para versionar temas moi coñecidos e actuáis.


Tamén forma parte de Arrivederci, un trío pontés que integran tres mulleres mozas e con moito carisma, que un día decidiron xuntarse para cantar. Ofrécennos temas en acústico, con piano, e incluso con guitarra é as veces con violín. As súas voces son harmoniosas e moi ben fusionadas