24-04-2019
Organizada no marco do programa de promoción turística, conta coa colaboración da AVV e celebrarase este sábado pola mañá
O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá da celebración, este sábado 27 de abril, da Andaina “Ruta das Fontes”. Unha actividade para vir e disfrutar de Magalofes que conta coa colaboración da entidade veciñal. Está incluída no programa municipal “Vén a Fene. Vén a Magalofes” e celebrarase en horario de mañá.
Non se precisa de inscrición previa e basta con presentarse ás 11 horas no local social da AVV de Magalofes, de onde partirá para descubrir as principais fontes da parroquia, un patrimonio único que non defraudará.