Música, animación e sorteos na Festa da Cor do sábado 21 de agosto

Inicio   Fene hoxe  

O sábado 21 de agosto Fene festexará a Festa da Cor, onde a música, a animación e os sorteos engalanará as rúas do noso concello.

Moitos negocios teñen preparadas promocións e ofertas pero, ademais, por cada compra superior a 10 euros selaranche unha tarxeta e, se es quen de acreditar tres adquisicións, entrarás no sorteo de 15 vales de 100 euros cada un para gastar no comercio fenés. Participa!!

Ademais, poderemos gozar de música e animación en directo, consulta as ubicacións e reserva a túa praza:

Horarios e lugares dos concertos. 
 

Praza da Escola (diante Asociación Veciñal Perlio):

12:00h a 13:30h Lunnis

13:30h a 15:00 Milómanos.

Pista de San Valentín:

13:30 a 15:00h Padin y Cia.

20:30h a 22:00h Humberto 

22:00h a 23:30h Dani Royo.

Praza Ramón José Souto González

18:30h a 19:30h Solrain

22:00h a 23:30h Sintrom ni Son

 
As prazas son limitadas, polo que para asistir é preciso inscribirse!!!
 
Escribe a hola@mayevents.es e reserva a túa praza