01-10-2021
A mostra, organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés coa colaboración da Asociación de Promoción do Camiño Inglés, consta de 21 fotografías, as 3 gañadoras do certame e 18 finalistas. Esta exposición inaugurouse en xuño nas instalacións da Autoridade Portuaria de Ferrol, coincidindo coa celebración do evento “Primavera no Camiño” e, posteriormente, iniciou a súa itinerancia por algúns dos concellos que conforman o Camiño Inglés.
No concello de Fene amósase dende hoxe nas instalacións da Sociedade Agarimo de Sillobre e poderá visitarse até o vindeiro 14 de outubro en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, de luns a domingo.