A concellaría de turismo do Concello de Fene organiza un Showcooking con degustación a cargo da recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo

Inicio   Fene hoxe  

Dentro do Programa Fene Vivo Plus, o Concello de Fene impulsa a protección e divulgación do patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación e son fundamentais para crear e impulsar un microdestino de calidade e sostible.

Entre as actividades programadas, salienta o Showcooking con Degustación que terá lugar este sábado 27 de novembro na Praza do Alcalde Ramón José Souto González, dirixido pola Beatriz Sotelo, que cociñará en vivo e en directo os produtos de excelencia da nosa ría, en 4 pases abertos ao público (50 persoas por pase, por rigorosa orde de inscrición), con posterior degustación gratuíta.


Tapas con cuncha
Carneiro, esferificacion de feixoa e sésamo
Ameixas, fabas e codium
Berberecho á holandesa, cítricos e ponzu
Zamburiñas con escabeche de verzas


Tapas sen cuncha
Empanadillas xaponesa de chocos en tinta e caldo dashi
Arroz cremoso de lumbrigante
Salpicón de centola
Empanada aberta de polbo