Data de inicio: 01-09-2022 . Data de fin: 09-09-2022
A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 23 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 1 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
- Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 1 e 2 de de setembro de 9:00 a
14:00 horas - Poboación en xeral: Do 5 ao 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas e o mércores,
día 7, tamén en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 23 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.