Data 01-09-2022
Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 01.09.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 04.08.2022
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1063/2022 á 1163/2022
3. Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2022, expediente 2022/G006/000251
4. Aprobación, se procede, da conta xeral do exercicio 2021, expediente 2022/G006/000262
5. Aprobación se procede, da Proposta da alcaldía para a determinación dos festivos locais do 2023, expediente 2022/G006/000252
6. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene para a realización dos trámites necesarios para a habilitación dunha zona de aparcadoiro e melloras da seguridade peonil en Conces
7. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene sobre as agresións machistas e submisión química
8. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene para que se apliquen urxentemente medidas de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)
9. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene sobre a implantación para pagos ao noso concello da plataforma BIZUM
10. Mocións urxentes
11. Rogos e preguntas