A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga

rganizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, volve Contandociencia, un programa que botou andar o curso pasado e que retoma a súa actividade co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral. Aberto ao público en xeral, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes (agás en xaneiro e maio que serán un martes) e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta.

O ciclo principiará o vindeiro xoves 22 de setembro co relatorio “A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga” que correrá a cargo do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro. Licenciado en Mariña Civil (sección náutica) pola Universidade do País Vasco, capitán da mariña mercante, enxeñeiro técnico naval, enxeñeiro naval e oceánico, doutor en enxeñería naval e oceánica, Raúl Villa Caro é profesor asociado da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias do Traballo. A maiores da súa actividade docente e investigadora, reflectida en 150 publicacións repartidas entre libros, artigos en revistas científicas e relatorios en congresos, exerce a súa actividade profesional na Ingeniería de Construcciones de Buques (Arsenal de Ferrol) como xefe de enxeñería de plataforma.