Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 06.10.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 01.09.2022 e extraordinaria do 03.10.2022

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1164/2022 á 1313/2022

Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 4-2022 de Pleno.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía da aprobación do Plan estratéxico de subvencións.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de desestimación da solicitude de declaración de ben de dominio público da franxa de terreo existente entre as parcelas de referencias catastrais 7442508NJ6174S e 7442512NJ6174S.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene relativa á mellora de seguridade nos entornos escolares do Concello de Fene.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene para a aprobación do establecemento de gravames en España e a Unión Europea de carácter temporal enerxético e de entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene co gallo do Día Internacional da loita contra a trata e a explotación sexual.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene relativa a reservar prazas de aparcadoiro para usuarios de farmacias do Concello de Fene.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Popular contra o veto da UE á pesca de fondo.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta de prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar.

Mocións urxentes

Rogos e preguntas