Inscrición obradoiro de empoderamento e autodefensa para mozas

Obradoiro de empoderamento e autodefensa para mozas
 
Dirixido a mozas de entre 13 e 18 anos.
 
Así, gracias á colaboración do CMI Unidade de Fene, que cede as instalacións, a actividade "Empoderamento e autodefensa persoal" vai ofrecerse para as rapazas os martes e xoves en horario de 18:15 a 19:45h. Hai 15 prazas dispoñibles -con prioridade para empadroadas en Fene- que se cubrirán por orde de inscrición. 
 
Poden anotarse no correo servizos.sociais@fene.gal ou chamando polas mañás ao 981 493 706. O último día é o 18 de outubro. O curso, que tamén é gratuíto, desenvolverase até o mes de xuño.