Sesión extraordinaria Pleno municipal

Sesión extraordinaria o 28.10.2022 ás 09.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal núm. 19, reguladora da taxa pola prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal núm. 23, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.