Data 01-12-2022
Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 01.12.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinaria do 03.11.2022 e extraordinaria urxente do 15.11.2022
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1435/2022 á 1559/2022
3. Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao terceiro trimestre do exercicio 2022
4. Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao terceiro trimestre do exercicio 2022
5. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de contratación de axuda no fogar
6. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular para solicitar ao goberno de España a non revisión do delito de sedición.
7. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego relativa a tomar medidas para o fomento do sistema de transporte público por estrada.
8. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista para instar á Xunta de Galicia a que cumpra co pacto e o fondo de cooperación social
9. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre as peaxes das autoestradas estatais AP-9 e AP-53
10. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Socialista de apoio á ILP promovida pola plataforma SOS sanidade pública.
11. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Socialista para reclamar o acceso universal e gratuito nun espazo de benestar para os comedores escolares que cumpra coas necesidades dos centros educativos.
12. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Socialista para a publicación do estado de execución das mocións, proposicións e acordos aprobados no pleno municipal do Concello de Fene.
13. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación da hora da sesión ordinaria do Pleno de xaneiro 2023
14. Mocións urxentes
15. Rogos e preguntas