Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 05.01.2023 ás 09.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinaria do 01.12.2022 e extraordinaria urxente do 21.12.2022

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1560/2022 á 1699/2022

Aprobación, se procede, da Moción da Concellería de Servizos Sociais sobre a problemática vivida polas traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de ratificación da Resolución 1694/2022, do 30.12.2022, pola que se emite o informe do órgano de contratación nos recursos 236 e 238/2022 interpostos fronte ao expediente de contratación 2022/C004/000004

Mocións urxentes

Rogos e preguntas