Ángel Carracedo no ciclo Contando Ciencia

Doutor en medicina pola USC, Ángel Carracedo é catedrático de medicina legal nesa mesma universidade. Foi director do Instituto de Medicina Legal entre 1994 e 2012 e, actualmente, dirixe a Fundación Pública de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de xeneotipado-ISCII. Ademais, coordina o grupo de Medicina Xenómica UAC é e xefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica na Rede de Enfermidades Raras e da área de Xenética e Bioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Carracedo é considerado líder mundial en xenética forense e científico de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Ten acadado, entroutros, os seguintes recoñecementos: Premio Nacional de Xenética (2015); medalla de Galicia (2011); Premio Rey Jaime I á Investigación Médica; Medalla Castelao (2006), Medalla Adelaida e Premio Fernández Latorre (2011