Data de inicio: 27-01-2023 . Data de fin: 15-02-2023
Abre o prazo de inscrición para as comparsas que queiran participar no desfile e festival que terá lugar na Praza do alcalde Ramón José Souto González o mércores 22 de febreiro, no marco do Entroido fenés.
As agrupacións interesadas en anotarse poderán facelo até as 14.00 horas do mércores 15 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello