XIII Concurso de Tapas de Fene

Hai dúas categorías: tapa creativa, con catro locais inscritos, e tapa tradicional, coa que se presentan os oito establecementos restantes. Todas elas preparadas con mimo e con produto da máxima calidade procedente do mar e a terra que nalgúns casos se combinan para abraiar os padais máis exquisitos. Tanto os establecementos como o público optarán a unha chea de premios tamén apetitosos.

O certame de tapas desenvolverase nas fins de semana do 5 ao 21 de maio, con horarios mínimos en que se servirán os petiscos, ampliables polos establecementos. Así, deberán estar dispoñibles para degustación ao prezo único de 1,5€ os venres de 20:00 a 22:30h, os sábados de 13:00 a 15:00h e de 20:00 a 22:30h e os domingos de 13:00 a 15:00h.

"Fenerruta" para completar o itinerario e levar múltiples premios
Nos establecementos participantes poderán obterse a Fenerruta, que vén sendo unha especie de pasaporte que se irá selando a medida que se vaia facendo, ao xeito que se queira e cando se queira, o percorrido de degustación de cada tapa. Completar a Fenerruta permitirá entrar no sorteo dunha chea de agasallos, entre eles unha viaxe de tres días en réxime de aloxamento e almorzo ou 9 vales de 100 euros cada un, canxeables nos negocios hostaleiros integrados na Asociación comercial O Cruceiro.

 

 

Ligazóns