Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 04.05.2023 ás 18.00 h en primeira convocatoria.

Orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 05.04.2023
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 331/2023 á 430/2023
3. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2023
4. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de modificación de créditos 5/2023, subexpediente 1/2023 de suplemento de créditos e crédito extraordinario.
5. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación do anexo I das bases de execución orzamentaria correspondentes ás subvencións nominativas para 2023
6. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía do Plan de medidas Antifraude do Concello de Fene.
7. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de solicitude á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de desafectación do servizo educativo da escola de educación infantil de Sillobre, de propiedade municipal
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas