Data 13-05-2023

No marco da presentación do libro gañador do XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, o CMI Unidade de Fene acollerá este sábado a actuación de Fran Amil (voz solista e guitarra acústica) e Fernando Román (saxo tenor), co espectáculo “Popsía”.
A actuación está organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural). Será o sábado 13 de maio a partir das 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo.