XIII Concurso de Tapas

O venres 16 de xuño ás 11:00 horas farase entrega dos premios ás tapas gañadoras do XIII concurso de tapas. O acto estará presidido polo alcalde en funcións, Juventino Trigo e a concelleira de promoción económica en funcións, Ángeles Coira.

No mesmo acto procederase ao sorteo dos agasallos para a clientela que participou no certame.