Día do Deporte na Rúa

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

Un ano máis, os veciños/as de Fene e comarca poderán gozar de balde dun sinfín de actividades deportivas ao aire libre durante a celebración do Día do Deporte na Rúa que terá lugar o domingo 2 de xullo na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío. Comezará ás 10.30 horas e durante tres horas e media (até as 14.00 horas), todas as persoas que o desexen poderán participar en calquera das actividades propostas: tirolina xigante, karts a pedal, danza moderna, inchables, zumba, pilates, voleibol, equilibrismo, malabarismo, tiro con arco, slakline, fútbol, baloncesto, deportes de raqueta, xogos tradicionais galegos, pintadas, elaboración de chapas, carreiras, obradoiros de nutrición saudable, etc. Ademais, por participar nun mínimo de 3 actividades, os/as participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada.

O Día do Deporte na Rúa mestura deporte e lecer co obxectivo de animar á veciñanza a desfrutar do deporte en familia. Colaboran co Concello de Fene nesta actividade: a Deputación da Coruña, Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Amigos da chave de Ferrolterra, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Ximnasio Fitness Fene e Club Artes Marciais Fene.