Conferencia de Alberto Ruiz de Samaniego sobre a "arte como proceso curacional"

Salón de actos da Casa da Cultura de Fene, ás 12.00 horas. Entrada libre e de balde. Charla organizada polo Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, no marco da exposición "Arte e trastornos mentais". 

Alberto Ruiz de Samaniego (Fene, 1966)

Profesor titular de Estética e teoría das artes da universidade de Vigo. Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid. Coordinador do Máster de Arte Contemporánea: investigación e creación da Universidade de Vigo. Foi Director da Fundación Luís Seoane da Coruña (2008-2011). Crítico cultural e comisario de exposicións. Premio Espais á crítica de arte. Comisario do Pavillón Español da 52 Edición da Bienal de Arte de Venecia. Publicou varios libros e comisariado exposicións dos artistas Antón Lamazares, Luís Seoane, Xesús Vázquez, Chema de Luelmo e Manuel Vilariño, así como diversas colectivas de arte contemporánea.