Xoga ao balonmán no verán

AMPLIADO ATÉ 8 DE SETEMBRO

Coa idea de promocionar este deporte,o Club Balonman Pontedeume e a Federación Galega de Balonman, coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene, presentan a actividade “Xoga ao balonmán no verán” que se desenvolverá durante o mes de agosto na pista municipal de Centieiras. As sesións, totalmente gratuítas, serán os martes, xoves e venres de 9:00 a 11:00 horas e van dirixidas a nenos/as de 6 a 16 anos. Para participar, cómpre anotarse no teléfono 661 70 59 28 ou no correo electrónico balonmanopontedeume@gmail.com

Actividade financiada pola Vicepresidencia Primeira e pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte no marco do Plan Corresponsables.