Data de inicio: 23-08-2023 . Data de fin: 04-09-2023
A Casa da Cultura de Fene exhibe as obras que concorreron a XIV edición do certame de artesanía Antonio Fraguas, na súa edición do 2022. A colección está integrada por 25 pezas de disciplinas diferentes como a xoiería, a cerámica, a escultura e a costura.
A mostra pódese visitar ata o 4 de setembro na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene, aberto de luns a venres de 10.00 a 14.15 horas.