Teatro de títeres con Bambabambin na AVV de Magalofes

O sábado 23, o Festival Internacional de Entes Animados recala no local da AVV de Magalofes (20.00 horas), coa función de “Arlequinadas”, a cargo da compañía Bambabambin (Paolo Rech-Italia). O espectáculo recolle un repertorio de farsas da tradición italiana reunidas nun espectáculo que ten como protagonista a Arlequín e aos seus amigos da Comedia da Arte. Unha aventura na que o protagonista Arlequín debe enfrontarse a unha serie de peripecias para fuxir dos enganos de Brighella, das dentadas do seu can, dos consellos do doutor Balanzone, do brazo da lei … e ata da morte. Recomendada para + de 4 anos e público familiar.