Agarimo de Sillobre acolle a derradeira función do V Festival Internacional de Entes Animados en Fene

Teatro de títeres en Sillobre, ás 13.00 horas, con “O segredo do río”, da compañía Fío d’Azeite (Portugal). É a historia dunha fermosa amizade entre un peixe e un rapaz. Unha historia pedagóxica que pode ser lida como unha parábola protagonizada pola humanidade e a natureza: se a humanidade (rapaz) trata a natureza (peixe) con amor, fidelidade e respecto no fondo como merece, a natureza é xenerosa. Recomendada para máis de 4 anos e público familiar. Entrada libre e de balde.