Data 28-09-2023
Primeira función do ciclo Ler conta moito, organizado pola Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé coa colaboración da Xunta de Galicia. Moc Moc MeRe Clown (David Merelas) representará a función de "A verdadeira historia de Hamelín" o xoves 28 de setembro, ás 18 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. Entrada libre e de balde.
A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público, Moc Moc (David Merelas) contará como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que amolan e fan imposible a vida dos seus habitantes”. Espectáculo, recomendado para nenos/as de 3 a 12 a anos. Duración: 45 minutos.