Toupiciencia, de A Xanela do Maxín, o xoves 5 de outubro ás 18 horas no Salón de actos da Casa da Cultura

Nela, “a Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”

Función programada pola Concellería de Cultura no marco do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia.