Data 27-10-2023
O programa deste último día da exposición contempla unha visita guiada á mostra, ás 18 horas, e unha charla, ás 20 horas, sobre os fanzines dos anos oitenta, xa que Can sen dono aparece en Galicia en plena efervescencia de fanzines e follas voandeiras como Fat City, El patito feo, Bitácora 43 ou O ollaparo.
A conferencia correrá a cargo da profesora e escritora Rosa Cal, autora da tese doutoral “La prensa alternativa en la zona no urbana de Galicia (1975-1984)” e tamén contará coa participación do comisario da mostra, Paco Oti, e da actriz Mabel Rivera, promotores nos anos oitenta dun fanzine no seo da factoría fenesa Astano. Ambas as dúas actividades seran con entrada libre e de balde.