Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 02.11.2023 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 05.10.2023
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1011/2023 á 1131/2023; en
especial, da Resolución da alcaldía 1125/2023, do 24 de outubro, de modificación do réxime
de delegación das áreas de goberno.
3. Dación de conta do período medio de pago do terceiro trimestre do 2023.
4. Aprobación, se procede, da Proposta de modificación da ordenanza fiscal núm. 25, reguladora
do Imposto municipal sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Naturaleza Urbana.
5. Aprobación se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular contra a
interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de ordenación integrada do
litoral.
6. Aprobación, se procede, do “Manifesto institucional do 25 de novembro”.
7. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta de
aprobación da Política de Seguridade da Información do Concello de Fene.
8. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta de
cambio de data de celebración da sesión plenaria ordinaria do mes de decembro de 2023.
9. Mocións urxentes
10. Rogos e preguntas