Monólogo de David Perdomo (ciclo "Novembro, mes do humor")

En “Level UP!”, David Perdomo, fai sátira da sociedade apoiándose en personaxes arquetípicos cargados de franqueza e, sobre todo, espontaneidade. Pode que nalgún momento nos leve a perder o fío, pero sempre para chegar a unha conclusión diferente á que estamos acostumados, sacaranos da nosa zona de confort sen decatarnos.

David Perdomo

O seu é a entrega ao público en teatros e salas, con intensas e irrepetibles descargas de humor, sátira, ironía e rock and roll. É David Perdomo. Considérase músico por enriba de calquera outra profesión, pero media Galicia coñéceo logo de diferentes aparicións nos programas de máxima audiencia da Televisión de Galicia, onde encheu centos de sketchs co seu irreverente e particular xeito de facer comedia. Na actualidade participa no programa de Televisión Española, La noche D, con Dani Rovira e en Catro Gatos, na Televisión de Galicia, xunto a Xosé A. Touriñán, Fátima Pego e Noemi Rodríguez.