Data 05-12-2023
Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 05.12.2023 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 02.11.2023.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1132/2023 á 1268/2023.
3. Aprobación, se procede, da proposta de aprobación do acordo da Agrupación de entidades
dos Concellos de Ares, Mugardos e Fene para concorrer á Segunda convocatoria en
concorrencia competitiva de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga
(PERTE dixitalización do ciclo da auga), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e
Resilencia.
4. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre o Plan
extraordinario de conservación da autovía A-6 e a reconstrución dos viadutos que permitirían
a restablecemento da circulación.
5. Aprobación, se procede, da proposta do IV Plan de Igualdade de Oportunidades para mulleres
e homes do Concello de Fene.
6. Aprobación, se procede, da prórroga do Convenio de colaboración entre os Concello de Narón,
Neda, Fene e Ferrol para a organización da proba deportiva denominada “Memorial Adolfo
Ros-Volta á ría”.
7. Mocións urxentes
8. Rogos e preguntas