Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 01.02.2024 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 04.01.2024 e da sesión
extraordinaria do 23.01.2024.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1386/2023 á 78/2024.
3. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á
Manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e defensa de 13
medidas urxentes para salvar a Sanidade Pública en Galicia.
4. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación se procede, da moción do
grupo municipal do Partido Popular relativa á Defensa da atención primaria.
5. Mocións urxentes.
6. Rogos e preguntas.