O martes 13 de febreiro, ás 18.00 horas haberá unha festa infantil a cargo de La Guagua e, coa colaboración da AC O Tadetas, a tradicional merenda con reparto de lambetadas para todos os nenos e nenas que se acheguen disfrazados. Nesta edición, as lambonadas serán aportadas por: confitería Sara, panaderías Modesto Hermida, Ramón, A Broa, Amaría e El Cruce, pastelería Martínez e supermercados Gadis, Eroski Center e Froiz. Para rematar a xornada, tamén o martes a partir das 21.00 horas, comezará unha verbena a cargo do Grupo Origen, con actuación no descanso e ao final, dun Dj.

As actividades do Entroido continuarán o mércores 14 de febreiro coa concentración de comparsas ás 17.30 horas na rúa San Salvador (pista polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar ás 18.00 horas o percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e Avda. do Concello. Ao chegar á praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, un pequeno recoñecemento á “viúva do Entroido” (Toñín), a lectura do Testamento, a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (Parque Castelao).