Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o
02.05.2024 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 04.04.2024.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 353/2024 á 492/2024.
3. Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao primeiro
trimestre do exercicio 2024, expediente 2024/G006/000119
4. Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao primeiro trimestre
do exercicio 2024, 2024/G006/00013
5. Aprobación, se procede, da Moción relativa á petición de solución para o problema de
aparcamentos que sofren os veciños e veciñas de Fene, nomeadamente as persoas
residentes, traballadoras e visitantes da Avenida Naturais e rúas confluentes, así como os
comercios desa zona.
6. Aprobación, se procede, de petición para poñer en valor a cultura urbana e os murais como
expresión artística e turística no Concello de Fene.
7. Mocións urxentes.
8. Rogos e preguntas.