Data de inicio: 13-05-2024 . Data de fin: 28-05-2024
Segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 5 de xullo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. As persoas interesadas en anotar aos/ás seus/súas pequenos/as poderán facelo do xoves 9 ao martes 28 de maio no Rexistro Xeral do Concello de Fene, presencial (de 8.00 a 14.00 horas) ou telematicamente (https://sede.fene.gal/sxc/gl/index.html). Deberán aportar a ficha de inscrición -dispoñible AQUÍ totalmente cuberta e un volante de empadroamento no Concello de Fene (cunha antigüidade mínima do 2 de maio de 2024).