Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o
06.06.2024 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 02.05.2024 e extraordinaria do
13.05.2024.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 493/2024 á 690/2024.
3. Aprobación, se procede, da designación de xuíz/a de paz titular do Xulgado de Paz do
Concello de Fene.
4. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego
relativo á Moción de apoio ao pobo Palestino e de exixencia do fin do xenocidio que o pobo
Palestino está vivindo na franxa de Gaza a man do goberno israelí.
5. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da
alcaldía da delegación por parte do Concello de Fene na Deputación Provincial da Coruña das
competencias de recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo de
colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento
municipal (Ordenanza fiscal municipal núm. 19).
6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da
alcaldía da delegación por parte do Concello de Fene na Deputación Provincial da Coruña das
competencias de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre o
Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana ou do Imposto Municipal que o complemente ou substitúa no futuro.
7. Mocións urxentes.
8. Rogos e preguntas.