Cunha festa infantil a cargo de La Guagua botará a andar o venres 5 de xullo, ás 18.00 horas, o ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene. Nesta primeira cita, dirixida aos máis pequenos da casa, haberá inchables, xogos de auga e animación na Praza do alcalde Ramón José Souto González, escenario de boa parte das actividades.