Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 04.07.2024 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 06.06.2024.
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 691/2024 á 864/2024.
3. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía do expediente de modificación de crédito 16/2024: subexpediente 12/2024 de transferencia de crédito.
4. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de levantamento de reparo suspensivo e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 2024-02.
5. Mocións urxentes.
6. Rogos e preguntas.