Cita previa escolas municipais

O Concello de Fene lémbralles que o prazo de matrícula presencial nas escolas deportivas municipais estará aberto do 9 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas para escolas deportivas poderán solicitarse a partir do 2 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.

Para solicitar CITA PREVIA NAS ESCOLAS DEPORTIVAS temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 2 e 3 de setembro de 9:00 a 14:00 horas

Poboación en xeral: Do 4 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 9 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.

Para as ESCOLAS CULTURAIS os prazos de cita previa serán:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Xoves, 5 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas.
Poboación en xeral: Venres, 6 de setembro de 9:00 a 14:00 horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

INSCRICION PRESENCIAL Do mércores 18 ao venres 20 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade na cita previa.

Toda a información ⬇⬇

Ligazóns