Reserva prazas

A reserva de praza realizarase nas dependencias administrativas do Pavillón A Xunqueira en horario de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas

A maiores, os días 21, 28 de xuño e 5 de xullo  poderán facela en horario de tarde, de 16.15 a 19.00 horas.
 
No momento da reserva de praza, tanto os veciños de Fene coma os de fóra de Fene, deberán presentar a súa tarxeta de usuario/a e, para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, un recibo do banco cos vinte díxitos da conta.