IV Gala do Deporte Concello de Fene

A Concellería de Deportes habilitou a dirección de correo electrónico deportes.fene@gmail.com para o envío de información (até as 23.59 horas do 31 de outubro), resolución de dúbidas e consultas referentes ao evento que terá lugar o sábado 30 de novembro, ás 20 horas, no pavillón da Xunqueira de San Valentín. Os nomes dos premiados daranse a coñecer publicamente na páxina web do Concello.