Acto central da Marcha Mundial das Mulleres

O acto central comarcal de conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia Machista terá lugar hoxe 25 de novembro, ás 19h, na Praza do Alcalde Ramón José Souto González. Está organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema “A violencia machista toma moitas formas, combatámolas todas”. Permuy quixo salientar o carácter autoorganizado do feminismo galego, e o protagonismo das mulleres neste acto que busca visibilizar e combater todas as formas de violencia machista.